Fondo cabecera Concello de Paradela

Muíño da Retorta

O muíño da Retorta foi recentemente restaurado polo que está nun estado óptimo para ser visitado, conta con catro pedras de moer e é un dos máis grandes da zona.
A visita podemos facela de dúas formas, facendo a ruta do Loio (PRG 14) ou ben chegando en coche ata o lugar de A Retorta, dende ese lugar teremos un pequeno paseo de 10 min aproximadamente a través dun bosque de castiñeiros de gran porte.

Cómo chegar: Desde o núcleo de Paradela, tomar a LU-P-4203(estrada de Francos) durante 4 km e logo xirar a esquerda, continuar durante 1,2 km. Son 6 km desde Paradela e a duración aproximada do traxecto en coche é de 10 min.

Ubicación: 42.776976, -7.569580 42°46'37.1"N 7°34'10.5"W

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Paradela
Concello de Paradela
C/ Cabaleiros de Santiago N°15 – 27611 Paradela - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 54 11 01 / 96 | Fax: 982 54 12 32 / 07
E-mail: concello.paradela@eidolocal.es